Wednesday 01 de May de 2024

Cincuenta nenos e nenas de Touro iniciaron hoxe o Verán Lúdico


Arredor de 50 nenos e nenas do Concello de Touro de idades comprendidas entre os tres e os trece anos comenzaron hoxe o Verán Lúdico, a actividade organizada polo Concello de Touro para os meses de vacacións escolares dos máis pequenos e coa finalidade de que as familias poidan conciliar. O Verán Lúdico desenvolverase nas seguintes datas: desde o 1 de xullo ao 31 de xullo e desde o 1 ao 31 de agosto de 2021. O horario: de luns a venres de 10.00 ata as 14.00 horas.

O nenos e nenas que participan no Verán Lúdico xogaron e divertíronse hoxe no zona de servizos do Concello, na praza do Luar. Entre as actividades programadas estaban os xogos de auga. O Verán Lúdico aplica o protocolo da Covid19 recomendado polas autoridades sanitarias para este tipo de actividades.